xoves, 1 de febreiro de 2018

Día da Ciencia en Galego: Recepción de imaxes dos Satélites meteorolóxicos NOAA. 1º Bach. Curso 2017-2018.

Traballo presentado nas actividades do día da Ciencia en Galego, celebrado no IES. Chano Piñeiro o martes 16 de xaneiro de 2018.

Monitores: Iván de la Fuente e Eider Espiña.

O traballo consistiu na explicación de como recibir as emisións dos mapas meteorolóxicos dos satélites NOAA, un resumo do traballo presentado pode consultarse no documento: Recepción imaxes Satélites meteorolóxicos NOAA.pdf.

A información de partida para o traballo, se obtivo da páxina web de Instructables: "Cheapest Way to Receive Weather Satellite Images" de NagelmaierP e se completou coa información da páxina web: N2YO.com, que permite realizar un seguimento dunha gran variedade de satélites e coñecer as  datas e horas de paso.

Actividades realizadas:
  • Explicación dos diversos tipos de satélites: Polares (entre eles os NOAA) e xeoestacionarios.
Visionado do vídeo sobre os tipos de satélites

  • Seguimento dos satélites, paso previo á gravación das súas emisións.
Detalle da páxina de N2Y0
  • Recepción e gravación das emisións de radio do satélite NOAA desde a páxina web WebSDR.
Momento da gravación da sinal emitida polo satélite NOAA
  • Obtención da imaxe do mapa meteorolóxico a partir do arquivo de audio, co programa WXtoIMG.
Un dos mapas meteorolóxicos obtidos

venres, 24 de novembro de 2017

Selección dos mellores traballos en Gimp. (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

Nesta entrada quedan expostos os mellores traballos entregados durante a realización do tema de Tratamento de Imaxes con Gimp, realizados durante o Curso 2017-2018 no curso de TIC de 4º de ESO.

Aplicación de filtro á unha parte da fotografía:
foto orixinal
Traballo de Alfonso Alonso
Creación dun logo sobre fondo:
Traballo de Sebastián Álvarez
Efecto marco sobre unha foto de New York:
Foto orixinal
Traballo Zaida García
Efecto Cómic sobre unha foto de praia:
Foto orixinal
Traballo Sergio Barbeitos

martes, 17 de novembro de 2015

Exercicio: Estatísticas de ventas de móbiles e tablets.

Nesta práctica se trata de facer unha análise das ventas de móbiles e tablets clasificada polos tipos de Sistemas Operativos que utilizan.
Para obter os resultados, estamos a usar a páxina de StatCounter, que permite obter estatísticas personalizadas, seleccionando o intervalo de tempo, a zona xeográfica, o tipo de dispositivo, etc.

Nesta entrada de exemplo vou a mostrar a comparativa de venta de tablets e móbiles en EE.UU.



xoves, 8 de outubro de 2015

Exercicio: Historia da Informática. Curso 2015-2016.


Traballo elaborado polos alumnos da materia de Informática de 4º de ESO do IES. Chano Piñeiro durante o curso 2015-2016.

Resumo do contido traballado, preme na seguinte ligazón para coñecer a clasificación en xeracións dos ordenadores: Xeracións ordenadores.pdf.

Ademais, as ligazóns as liñas temporais (en Capzles) feitas polos alumnos de Informática de 4º, durante o curso 2015-2016, sobre a Historia da Informática son:

martes, 6 de outubro de 2015

Exercicio: Mapa conceptual sobre os Sistemas Operativos.

Como exercicio práctico asociado ao contido Sistemas Operativos da materia de Informática de 4º ESO, realizamos un mapa conceptual compartido en Mindomo sobre a Historia da Informática. O resultado final podedes velos de seguido:
Make your own mind maps with Mindomo.

domingo, 27 de setembro de 2015

Exercicio: Creación de liñas temporais.

Existen varias opcións para a creación de liñas temporais desde Web. A elección da máis adecuada depende dos efectos que queiramos lograr, do tempo do que dispoñamos para facelas e, se estamos dispostos a pagar, se nos interesa crearnos unha conta premium ou nos bastará coa conta estándar.

Entre as opcións que podemos usar están:
  • Timeline: A creación de liñas temporais é sinxela pero só podemos obter o resultado en formato pdf.
  • Capzles: Unha versión mellor que a anterior, de fácil uso (se poden subir tódalas imaxes da liña temporal todas xuntas) que permite máis opcións de presentación, aínda que esta non é moi boa.
  • Tiki-Toki: A creación da liña é algo máis lenta e tediosa, pero cuns resultados mellores, por desgracia fai falta unha conta premium para poder usar tódalas opcións de presentación.

venres, 18 de setembro de 2015

Premiados no concurso "Inventa en Galego" organizado por Igaciencia.

Momento da entrega de premios

O pasado venres 12 de decembro celebrouse a entrega de premios do concurso "Inventa en Galego" organizado por Igaciencia no Centro Sociocultural Ágora do Concello da Coruña.


Os 2 traballos presentados polos alumnos de 1º de Bacharelato do IES. "Chano Piñeiro" foron:
  • Rural App, feito por:  Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño.
  • Forcarei Tour, feito por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Ambos recibiron o 2º premio "ex aequo", como se recolle na páxina de Igaciencia: Gañadores do concurso Inventa en Galego.
Presentación de Gabriel Otero e Claudio Troitiño
Presentación de Gabriel Sieiro e Daniel Varela


Concurso: "Inventa en galego" de Igaciencia. 2014.


Os alumnos de 1º de Bacharelato da materia de TIC, presentáronse ao Concurso de Igaciencia: Inventa en Galego no 2º semestre de 2014 (rematou o prazo de presentación o 9 de novembro).
Os traballos elaborados polos alumnos do IES. Chano Piñeiro foron:
RuralApp: App que mostra información sobre as casas de Turismo rural do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño


Pantalla Inicial

ForcareiTour: App que mostra información sobre os lugares de interese turístico do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Pantalla Inicial

O concurso consistía en elaborar unha App para Android usando o programa AppInventor2 elaborado polo MIT. A App debía facer uso, entre outros, dos sensores de localización do móbil ou tablet.

De seguido mostramos unha captura de pantalla dos bloques de programa utilizados nunha das pantallas da aplicación Rural App, como se pode observar están realizados nunha variante de Scratch:

xoves, 17 de setembro de 2015

Páxina de benvida

Ola, hoxe (xoves 17 de setembro de 2015) comeza a súa andaina este blogue de aula para as materias de TIC do IES. Chano Piñeiro impartidas polo profesor Manuel Andújar Matalobos.

As vindeiras entradas estarán relacionadas cos exercicios propostos na aula de informática e cos contidos teóricos de interese para as materias impartidas en cada curso.