Os alumnos de 1º de Bacharelato da materia de TIC, presentáronse ao Concurso de Igaciencia: Inventa en Galego no 2º semestre de 2014 (rematou o prazo de presentación o 9 de novembro).
Os traballos elaborados polos alumnos do IES. Chano Piñeiro foron:
RuralApp: App que mostra información sobre as casas de Turismo rural do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño.
Pantalla Inicial
ForcareiTour: App que mostra información sobre os lugares de interese turístico do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Pantalla Inicial
O concurso consistía en elaborar unha App para Android usando o programa AppInventor2 elaborado polo MIT. A App debía facer uso, entre outros, dos sensores de localización do móbil ou tablet.
De seguido mostramos unha captura de pantalla dos bloques de programa utilizados nunha das pantallas da aplicación Rural App, como se pode observar están realizados nunha variante de Scratch:
De seguido mostramos unha captura de pantalla dos bloques de programa utilizados nunha das pantallas da aplicación Rural App, como se pode observar están realizados nunha variante de Scratch:
Ningún comentario:
Publicar un comentario