Amosando publicacións coa etiqueta Robótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Robótica. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de xaneiro de 2019

Elección do cartaz da III Competición de Robótica. (TIC 4º ESO). Curso 2018-2019.

O exercicio final do tema2: Tratamento de imaxes con Gimp, consistíu en realizar un cartaz anunciador da III Competición de robótica usando como mascota a Bmo, realizada o curso pasado coa ferramenta de deseño 3D TinkerCAD por Froilán González e Sergio Vázquez.

Hoxe fai público o resultado da elección do gañador do concurso. De seguido se mostran os 3 cartaces finalistas e o gañador.

Os 3 finalistas foron:

Realizado por: Ainara Casado.

Realizado por: Marcos Villaverde.

Realizado por: Miguel López.

O cartaz gañador e que , polo tanto, anunciará a III Competición de robótica foi:
Realizado por: Gustavo Vargas.

martes, 15 de maio de 2018

Traballos finais do Tema: Introdución á edición de vídeo con Kdenlive. (TIC 4º ESO). Curso 17-18.

O traballo final do tema: Introdución á edición de vídeo con Kdenlive da materia de TIC de 4º de ESO, foi a realización dun vídeo sobre a II competición de robótica celebrada no IES. Chano Piñeiro o martes 20 de marzo de 2018.

Os alumnos traballaron a partir das gravacións da competición realizadas pola alumna de TIC de 4º de ESO Aida Miranda.

Os vídeos realizados trataron a competición desde puntos de vista diversos: Cómico, documental, Trailer-anuncio, etc.

Nesta entrada se mostra o que considero o mellor dos vídeos (foi unha elección difícil), que propón un Trailer-anuncio da II competición de robótica.

O vídeo foi realizado por Sebastían Álvarez.