Amosando publicacións coa etiqueta App Inventor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta App Inventor. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de setembro de 2015

Premiados no concurso "Inventa en Galego" organizado por Igaciencia.

Momento da entrega de premios

O pasado venres 12 de decembro celebrouse a entrega de premios do concurso "Inventa en Galego" organizado por Igaciencia no Centro Sociocultural Ágora do Concello da Coruña.


Os 2 traballos presentados polos alumnos de 1º de Bacharelato do IES. "Chano Piñeiro" foron:
  • Rural App, feito por:  Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño.
  • Forcarei Tour, feito por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Ambos recibiron o 2º premio "ex aequo", como se recolle na páxina de Igaciencia: Gañadores do concurso Inventa en Galego.
Presentación de Gabriel Otero e Claudio Troitiño
Presentación de Gabriel Sieiro e Daniel Varela


Concurso: "Inventa en galego" de Igaciencia. 2014.


Os alumnos de 1º de Bacharelato da materia de TIC, presentáronse ao Concurso de Igaciencia: Inventa en Galego no 2º semestre de 2014 (rematou o prazo de presentación o 9 de novembro).
Os traballos elaborados polos alumnos do IES. Chano Piñeiro foron:
RuralApp: App que mostra información sobre as casas de Turismo rural do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño. 


Pantalla Inicial

ForcareiTour: App que mostra información sobre os lugares de interese turístico do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Pantalla Inicial

O concurso consistía en elaborar unha App para Android usando o programa AppInventor2 elaborado polo MIT. A App debía facer uso, entre outros, dos sensores de localización do móbil ou tablet.

De seguido mostramos unha captura de pantalla dos bloques de programa utilizados nunha das pantallas da aplicación Rural App, como se pode observar están realizados nunha variante de Scratch: