Amosando publicacións coa etiqueta Historia Informática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Historia Informática. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de outubro de 2015

Exercicio: Historia da Informática. Curso 2015-2016.


Traballo elaborado polos alumnos da materia de Informática de 4º de ESO do IES. Chano Piñeiro durante o curso 2015-2016.

Resumo do contido traballado, preme na seguinte ligazón para coñecer a clasificación en xeracións dos ordenadores: Xeracións ordenadores.pdf.

Ademais, as ligazóns as liñas temporais (en Capzles) feitas polos alumnos de Informática de 4º, durante o curso 2015-2016, sobre a Historia da Informática son:

domingo, 27 de setembro de 2015

Exercicio: Creación de liñas temporais.

Existen varias opcións para a creación de liñas temporais desde Web. A elección da máis adecuada depende dos efectos que queiramos lograr, do tempo do que dispoñamos para facelas e, se estamos dispostos a pagar, se nos interesa crearnos unha conta premium ou nos bastará coa conta estándar.

Entre as opcións que podemos usar están:
  • Timeline: A creación de liñas temporais é sinxela pero só podemos obter o resultado en formato pdf.
  • Capzles: Unha versión mellor que a anterior, de fácil uso (se poden subir tódalas imaxes da liña temporal todas xuntas) que permite máis opcións de presentación, aínda que esta non é moi boa.
  • Tiki-Toki: A creación da liña é algo máis lenta e tediosa, pero cuns resultados mellores, por desgracia fai falta unha conta premium para poder usar tódalas opcións de presentación.