Existen varias opcións para a creación de liñas temporais desde Web. A elección da máis adecuada depende dos efectos que queiramos lograr, do tempo do que dispoñamos para facelas e, se estamos dispostos a pagar, se nos interesa crearnos unha conta premium ou nos bastará coa conta estándar.
Entre as opcións que podemos usar están:
- Timeline: A creación de liñas temporais é sinxela pero só podemos obter o resultado en formato pdf.
- Capzles: Unha versión mellor que a anterior, de fácil uso (se poden subir tódalas imaxes da liña temporal todas xuntas) que permite máis opcións de presentación, aínda que esta non é moi boa.
- Tiki-Toki: A creación da liña é algo máis lenta e tediosa, pero cuns resultados mellores, por desgracia fai falta unha conta premium para poder usar tódalas opcións de presentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario