martes, 15 de maio de 2018

Traballos finais do Tema: Introdución á edición de vídeo con Kdenlive. (TIC 4º ESO). Curso 17-18.

O traballo final do tema: Introdución á edición de vídeo con Kdenlive da materia de TIC de 4º de ESO, foi a realización dun vídeo sobre a II competición de robótica celebrada no IES. Chano Piñeiro o martes 20 de marzo de 2018.

Os alumnos traballaron a partir das gravacións da competición realizadas pola alumna de TIC de 4º de ESO Aida Miranda.

Os vídeos realizados trataron a competición desde puntos de vista diversos: Cómico, documental, Trailer-anuncio, etc.

Nesta entrada se mostra o que considero o mellor dos vídeos (foi unha elección difícil), que propón un Trailer-anuncio da II competición de robótica.

O vídeo foi realizado por Sebastían Álvarez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario