Traballo presentado nas actividades do día da Ciencia en Galego,
celebrado no IES. Chano Piñeiro o martes 16 de xaneiro de 2018.
Monitores: Iván de la Fuente e Eider Espiña.
Monitores: Iván de la Fuente e Eider Espiña.
O traballo consistiu na explicación de como recibir as emisións dos mapas meteorolóxicos dos satélites NOAA, un resumo do traballo presentado pode consultarse no documento: Recepción imaxes Satélites meteorolóxicos NOAA.pdf.
A información de partida para o traballo, se obtivo da páxina web de Instructables: "Cheapest Way to Receive Weather Satellite Images" de NagelmaierP e se completou coa información da páxina web: N2YO.com, que permite realizar un seguimento dunha gran variedade de satélites e coñecer as datas e horas de paso.
Actividades realizadas:
- Explicación dos diversos tipos de satélites: Polares (entre eles os NOAA) e xeoestacionarios.
Visionado do vídeo sobre os tipos de satélites
- Recepción e gravación das emisións de radio do satélite NOAA desde a páxina web WebSDR.
Momento da gravación da sinal emitida polo satélite NOAA
- Obtención da imaxe do mapa meteorolóxico a partir do arquivo de audio, co programa WXtoIMG.
Un dos mapas meteorolóxicos obtidos
Ningún comentario:
Publicar un comentario