luns, 4 de novembro de 2024

Introdución ao Deseño 3D con FreeCAD. Curso 2024-2025.


Imos a introducirnos no deseño 3D co aplicativo FreeCAD.

Para isto, seguiremos as indicacións dos cursos deseñados por Obijuan (preme na seguinte ligazón para visitar a páxina Obijuan Academy).
Nas seguintes ligazóns poderás acceder ás canles de YouTube da 1ª tempada e da 2ª tempada do curso de FreeCAD de Obijuan.

Na seguinte lista, se enumeran os vídeos do curso de Obijuan que usaremos nesta introdución, pertencendo todos á 1ª tempada do curso sobre FreeCAD:

martes, 1 de outubro de 2024

Sistemas Informáticos. Curso 2024-2025.

Sistemas Operativos.

Se premes na seguinte ligazón poderás acceder a un pdf cun contido básico sobre os Sistemas Operativos dos ordenadores, tablets e teléfonos móbiles: Sistemas operativos.pdf.
Ademais tes os seguintes documentos para ampliar información:

Hardware.

Definición: Conxunto de compoñentes e elementos que integran a parte material dun ordenador ou outro dispositivo electrónico “intelixente”.

Neste apartado imos a centrarnos no estudio do hardware dos ordenadores por ser estes os dispositivos electrónicos máis importantes na actualidade, e por que comparten moitas características con dispositivos máis recentes (tablets, teléfonos “intelixentes”, etc).

O contido sobre Hardware o poderás atopar resumido no seguinte PDF: "Arquitectura de computadores.pdf".


Ligazón á páxina de Espazo Abalar onde explica que son as licenzas e os tipos: Tipos de licenzas.

luns, 9 de setembro de 2024

Creación dun blogue de aula con Blogger. Curso 2024-2025.


Como primeira actividade deste curso ides a crear os vosos blogues persoais de aula. Nestes blogues de aula recompilaredes información relativa aos contidos e exercicios que realizaredes durante este curso.

O contido que traballaredes neste tema se obtivo da páxina de Anaya Educación, materia de Dixitalización de 4º de ESO.

Se queredes consultar a información presentada polo profesor na clase, tedes un resumo no seguinte pdf:

Ademais, podedes consultar o seguinte vídeo titorial, "Como crear un blog en Blogger gratis y bonito", de Sonia Alicia.

Se estamos a crear un blogue persoal ou de empresa, que características debería ter o noso blogue? Para comezar podes consultar o blogue: "Las 14 características de los blogs más exitosos".

Se queredes descargar algún tema gratuíto dos indicados no vídeo de Sonia Alicia, premede na seguinte ligazón: Blogger Templates 2023.

Na aula virtual de Dixitalización de 4º ESO tedes indicados os exercicios a realizar e como entregalos.

domingo, 8 de setembro de 2024

Presentación da materia de Dixitalización de 4º de ESO. Curso 2024-2025.



A secuenciación da materia, será:

1ª Avaliación:
  •     Tema 1: Publicación de contidos Web (Blogger, etc).
  •     Tema 2: Sistemas Informáticos.
  •     Tema 3: Deseño 3D con FreeCAD.

2ª Avaliación:
  •     Tema 4: Redes.
  •     Tema 5: Profundización no deseño 3D con FreeCAD.

3ª Avaliación:
  •     Tema 6: Programación (Pseint, Python, AppInventor).
  •     Tema 7: Edición de vídeo con Kdenlive e Fliki.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

A cualificación da materia efectuarase conforme á ponderación dos seguintes apartados:
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos.
  • Un 60% da nota deberase á avaliación dos traballos obrigatorios, individuais e en grupo.
  • Un 10 % corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Benvidos ao novo Curso 2024-2025.


Benvidos ao blogue de aula, da materia de Dixitalización de 4º de ESO no IES. Chano Piñeiro.

Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso. Ademais poderedes ver as entradas nas que se recollen os exercicios realizados en cursos anteriores.

De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.

luns, 20 de maio de 2024

Tratamento dixital de vídeo con Kdenlive e Fliki. Curso 2023-2024.

Nesta unidade imos traballar os contidos de tratamento dixital de vídeo.

Utilizaremos o aplicativo Kdenlive, pois ademais de ser software libre, desde a versión 16 é tamén multiplataforma (hai versións para Linux, Windows e Mac). 

Para resolver dúbidas sobre Kdenlive, utilizaremos os videotitoriais creados por Podcast Linux, concretamente a lista de reprodución: Curso Kdenlive, ou tamén podedes acceder por esta ligazón á súa páxina: Podcast Linux/Kdenlive.

Ademais, nos axudaremos dunha aplicación de edición de vídeo que utiliza Intelixencia Artificial: Fliki:AI Video Generator.

O contido teórico deste tema o podedes descargar premendo na seguinte ligazón: Video dixital.pdf.

mércores, 14 de febreiro de 2024

Profundización no deseño 3D con FreeCAD. Curso 2023-2024.


Nesta entrada imos a profundizar no deseño 3D co programa FreeCAD.


Como se indicou nunha entrada anterior, seguiremos a utilizar contidos dos cursos deseñados por Obijuan (preme na seguinte ligazón para visitar a páxina Obijuan Academy).
Nas seguintes ligazóns poderás acceder ás canles de YouTube da 1ª temporada e da 2ª tempada do curso de FreeCAD de Obijuan.

Na seguinte lista, se enumeran os vídeos do curso de Obijuan que usaremos, pertencentes á 1ª tempada do curso sobre FreeCAD, comezamos por un último vídeo de Xeometría construtiva:
E continuaremos coa extrusión de deseños 2D (Esbozos), usando o banco de traballo Part Desing:
Para rematar, usaremos agora os vídeos da 2ª tempada do curso de Obijuan, imos a aprender a colocar obxectos utilizando as ferramentas do banco de traballo Draft:
As ferramentas do banco de traballo Draft permítennos xuntar varias pezas deseñadas en 3D, para crear un obxecto máis complexo a partir das súas partes.
De seguido tes un exemplo da montaxe do robot mClon, na seguinte ligazón tes o arquivo de FreeCAD correspondente: mClon.fcstd.

luns, 5 de febreiro de 2024

A rede de datos do IES. Chano Piñeiro. Curso 2023-2024.

Nesta entrada se mostran unha escolma dos traballos de recompilación de información sobre a rede de datos do IES. Chano Piñeiro, feitos polos alumnos da materia de Dixitalización da materia de 4º de ESO.

Plano da localización das rosetas de conexión á rede de datos no IES. Chano Piñeiro, feito por Xurxo Iglesias.
Plano da localización dos ordenadores e puntos de acceso Wifi na rede de datos do IES. Chano Piñeiro, feito por Alba Janeiro.
Esquema da rede de datos do IES. Chano Piñeiro, feito por Amparo Darriba.

martes, 2 de xaneiro de 2024

Redes de comunicación de datos. Curso 2023-2024.


Unha rede de comunicación de datos ou rede informática, é un conxunto de equipos informáticos e software conectados entre si por medio de dispositivos físicos que envían e reciben impulsos eléctricos, ondas electromagnéticas ou calquera outro medio para o transporte de datos, coa finalidade de compartir información, recursos e ofrecer servizos.

Os contidos teóricos deste tema se recollen no documento: Redes de comunicación de datos.pdf.

No seguinte PDF tedes un esquema detallado do modelo OSI: Niveis OSI. pdf.
Rede de comunicación de datos do IES. Chano Piñeiro.

Información de interese:

sábado, 25 de novembro de 2023

Deseños 3D realizados polos alumnos. Curso 2023-2024.

Como remate do contido de Introdución a FreeCAD, de seguido se mostran unha escolma dos deseños 3D realizados polos alumnos durante a 1ª avaliación.

Qbert de 3 niveis realizado por Nerea García.

Botonera realizada por Alba Janeiro
Trivial realizado por Xurxo Iglesias
Castelo realizado por Joel Sánchez
Casa realizado por Manuel Barreiro

Para completar o contido de Introdución a FreeCAD, estes deseños, exportados en formato .stl, se levaron ás impresoras 3D do taller de Tecnoloxía, onde se utilizou o programa Slic3r para realizar a segmentación e crear os arquivos de impresión (.gcode).

En breve, continuaremos co contido Profundización no deseño 3D con FreeCAD.