Neste tema faremos unha introdución á programación coa linguaxe Python.
Nos ordenadores da aula de informática contamos con python preinstalado (python2 e python3), accesible desde o terminal. Para este curso, utilizaremos a versión 3 de Python.
Se queres realizar algún dos exercicios deste curso no ordenador da túa casa, podes acceder á páxina de Python e descargar a versión de Python3 apropiada para o teu S.O.
Para seguir os contidos e prácticas desde tema podes consultar os seguintes pdfs:
Na seguinte ligazón podes acceder a un bo recurso en liña, que contén unha ampla información sobre a linguaxe Python: El libro de Python.
Tamén podes pedir axuda a Claude AI, un chatbot moi axeitado para tarefas de programación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario