Nesta entrada imos a profundizar no deseño 3D co programa FreeCAD.
Como se indicou nunha entrada anterior, seguiremos a utilizar contidos dos cursos deseñados por Obijuan (preme na seguinte ligazón para visitar a páxina Obijuan Academy).
Nas seguintes ligazóns poderás acceder ás canles de YouTube da 1ª temporada e da 2ª tempada do curso de FreeCAD de Obijuan.
Na seguinte lista, se enumeran os vídeos do curso de Obijuan que usaremos, pertencentes á 1ª tempada do curso sobre FreeCAD, comezamos por un último vídeo de Xeometría construtiva:
- Vídeo 12: Chaflán, redondeo e reforzo.
E continuaremos coa extrusión de deseños 2D (Esbozos), usando o banco de traballo Part Desing:
- Vídeo 16: Extrusión.
- Vídeo 17: Vaciados.
- Vídeo 18: Restriccións.
- Vídeo 19: Simetrías.
- Vídeo 21: Arcos.
- Vídeo 22: Recortes.
- Vídeo 23: Redondeando.
- Vídeo 25: Extrusión axial.
- Vídeo 26: Extrusión por traxectoria.
Para rematar, usaremos os vídeos da 2ª tempada do curso de Obijuan, imos a aprender a colocar obxectos utilizando as ferramentas do banco de traballo Draft:
- Vídeo 10: Colocando obxectos (Exemplo-10.fcstd).
- Vídeo 11: Obtención de puntos medios (Exemplo-11.fcstd).
- Vídeo 12: Centros de circunferencias e arcos (Exemplo-12.fcstd).
As ferramentas do banco de traballo Draft permítennos xuntar varias pezas deseñadas en 3D, para crear un obxecto máis complexo a partir das súas partes.
De seguido tes un exemplo da montaxe do robot mClon, na seguinte ligazón tes o arquivo de FreeCAD correspondente: mClon.fcstd.
Ningún comentario:
Publicar un comentario