martes, 8 de setembro de 2026

Creación dun blogue de aula con Blogger. Curso 2026-2027.


Como primeira actividade deste curso ides a crear os vosos blogues persoais de aula. Nestes blogues de aula recompilaredes información relativa aos contidos e exercicios que realizaredes durante este curso.

O contido que traballaredes neste tema se obtivo da páxina de Anaya Educación, materia de Dixitalización de 4º de ESO.

Se queredes consultar a información presentada polo profesor na clase, tedes un resumo no seguinte pdf:

Ademais, podedes consultar o seguinte vídeo titorial, "Como crear un blog en Blogger gratis y bonito", de Sonia Alicia.


Se estamos a crear un blogue persoal ou de empresa, que características debería ter o noso blogue? Para comezar podes consultar o blogue: "26 ejemplos de blogs que destacan por su diseño y contenido".

Se queredes descargar algún tema gratuíto dos indicados no vídeo de Sonia Alicia, premede na seguinte ligazón: Blogger Templates 2023.

Como información extra tal vez che interese coñecer algo sobre as linguaxes de marcaxe (por exemplo o HTML). Coñecer algo de HTML permitirá que edites as túas entrada "máis rebeldes", cando os tipos de letra e tamaños parecen non facer caso. Podes consultar esta información no seguinte pdf: Linguaxes de marcaxe. Tamén tes un resumo no seguinte documento: Creación e edición de Blogues con HTML.pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario