domingo, 27 de setembro de 2015

Exercicio: Creación de liñas temporais.

Existen varias opcións para a creación de liñas temporais desde Web. A elección da máis adecuada depende dos efectos que queiramos lograr, do tempo do que dispoñamos para facelas e, se estamos dispostos a pagar, se nos interesa crearnos unha conta premium ou nos bastará coa conta estándar.

Entre as opcións que podemos usar están:
  • Timeline: A creación de liñas temporais é sinxela pero só podemos obter o resultado en formato pdf.
  • Capzles: Unha versión mellor que a anterior, de fácil uso (se poden subir tódalas imaxes da liña temporal todas xuntas) que permite máis opcións de presentación, aínda que esta non é moi boa.
  • Tiki-Toki: A creación da liña é algo máis lenta e tediosa, pero cuns resultados mellores, por desgracia fai falta unha conta premium para poder usar tódalas opcións de presentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario