domingo, 4 de febreiro de 2018

Tema 3: Introdución á Programación (TIC 1º Bach). Curso 2017-2018.


Neste tema comezamos unha introdución á programación, como unha preparación de cara ao contido de Programación do temario de TIC de 2º Bach, na que se utilizarán diversos entornos ou IDE's de programación.

Despois de explicar en que consiste a programación, coñeceremos 2 ferramentas de deseño de algoritmos, os diagramas de fluxo e o pseudocódigo. E faremos as nosas prácticas de programación co aplicativo Pseint (multiplataforma e gratuíto), que permite obter tanto diagramas de fluxo e pseudocódigo como código fonte en diversas linguaxes de programación.

Para descargar os contidos deste tema preme nas ligazóns aos seguintes documentos PDF:

xoves, 1 de febreiro de 2018

Día da Ciencia en Galego: Recepción de imaxes dos Satélites meteorolóxicos NOAA. 1º Bach. Curso 2017-2018.

Traballo presentado nas actividades do día da Ciencia en Galego, celebrado no IES. Chano Piñeiro o martes 16 de xaneiro de 2018.

Monitores: Iván de la Fuente e Eider Espiña.

O traballo consistiu na explicación de como recibir as emisións dos mapas meteorolóxicos dos satélites NOAA, un resumo do traballo presentado pode consultarse no documento: Recepción imaxes Satélites meteorolóxicos NOAA.pdf.

A información de partida para o traballo, se obtivo da páxina web de Instructables: "Cheapest Way to Receive Weather Satellite Images" de NagelmaierP e se completou coa información da páxina web: N2YO.com, que permite realizar un seguimento dunha gran variedade de satélites e coñecer as  datas e horas de paso.

Actividades realizadas:
  • Explicación dos diversos tipos de satélites: Polares (entre eles os NOAA) e xeoestacionarios.
Visionado do vídeo sobre os tipos de satélites

  • Seguimento dos satélites, paso previo á gravación das súas emisións.
Detalle da páxina de N2Y0
  • Recepción e gravación das emisións de radio do satélite NOAA desde a páxina web WebSDR.
Momento da gravación da sinal emitida polo satélite NOAA
  • Obtención da imaxe do mapa meteorolóxico a partir do arquivo de audio, co programa WXtoIMG.
Un dos mapas meteorolóxicos obtidos

martes, 30 de xaneiro de 2018

Tema 4: Tratamento de audio dixital con Audacity (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.


Nesta unidade imos a traballar os contidos de tratamento dixital do son. Usaremos, sobre todo, a aplicación "libre" Audacity.

No seguinte documento tes unha introdución teórica ao audio dixital: "Audio dixital.pdf"

Os contidos prácticos desta unidade, se basearán, en parte, nos estupendos exercicios sobre Audacity do IES. María de Molina, se premes na seguinte ligazón, poderás descargar o documento no que se describen os exercicios: "Exercicios de Audacity.pdf".

Aínda que realizaremos trocos nos exercicios propostos, necesitarás algún dos arquivos de audio que se solicitan no pdf anterior, se premes na seguinte ligazón, poderás descargar o arquivo comprimido en ".zip": "Arquivos para exercicios Audacity.zip".

Podes consultar a axuda en liña de Audacity, premendo na seguinte ligazón: Manual de Audacity.

domingo, 24 de decembro de 2017

Tema 3: Creación e edición de páxinas Web (TIC 2º Bach). Curso 2017-2018.

Nesta unidade coñeceremos as características principais das diversas linguaxes de marcaxe (HTML, XML, XHTML) utilizadas na elaboración de páxinas web, "Linguaxes de marcaxe.pdf", así como das follas de estilo en cascada (CSS), utilizadas para darlles o formato de presentación elixido por nós.

Tamén faremos un repaso das ferramentas de xestión de contidos (Content Management, CM), "Ferramentas de xestión de contido.pdf", con exemplos concretos dos seus elementos:
  • Servidor Web: Apache.
  • Linguaxe de programación: PHP.
  • Servidor de base de datos: MySQL.
Durante esta unidade realizaremos unha pequena parte de 2 cursos en liña de Sololearn: HTML Fndamentals e CSS Fundamentals.

E tamén seguiremos, en parte, o curso en liña de Stembyme: HTML5+CSS.

Podedes acceder tamén a un arquivo PDF no que se resumen os conceptos fundamentais tratados no curso de HTML5 de Sololearn:  HTML5.pdf

Na páxina w3schools.com podedes atopar unha amplia guía de referencia das etiquetas HTML e de CSS.

Para a realización das prácticas de creación de páxinas Web se pode usar calquera editor de texto "plano" (como o Bloc de notas de Windows). Para os nosos ordenadores co S.O. Debian, usaremos o editor Geany.

Tema 3: Sistemas Operativos (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

 

O terceiro tema deste curso trata sobre os sistemas operativos dos ordenadores, tablets e teléfonos móbiles.
Se premes na seguinte ligazón poderás acceder ao pdf co contido deste tema, así como aos exercicios a realizar na aula de informática: Sistemas operativos.pdf.

Para a realización dos exercicios necesitarás acceder á seguinte información e ligazóns:


venres, 24 de novembro de 2017

Selección dos mellores traballos en Gimp. (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

Nesta entrada quedan expostos os mellores traballos entregados durante a realización do tema de Tratamento de Imaxes con Gimp, realizados durante o Curso 2017-2018 no curso de TIC de 4º de ESO.

Aplicación de filtro á unha parte da fotografía:
foto orixinal
Traballo de Alfonso Alonso
Creación dun logo sobre fondo:
Traballo de Sebastián Álvarez
Efecto marco sobre unha foto de New York:
Foto orixinal
Traballo Zaida García
Efecto Cómic sobre unha foto de praia:
Foto orixinal
Traballo Sergio Barbeitos

luns, 30 de outubro de 2017

Tema 2: Arquitectura de computadores (TIC 1º Bach). Curso 2017-2018.

HARDWARE

Definición: Conxunto de compoñentes e elementos que integran a parte material dun ordenador ou outro dispositivo electrónico “intelixente”.
Imos a centrarnos no estudio do hardware dos ordenadores por ser estes os dispositivos electrónicos máis importantes na actualidade e por que comparten moitas características con dispositivos máis recentes (tablets, teléfonos “intelixentes”, etc).
Na seguinte ligazón podes acceder á excelente páxina de Agrega definición de computador.
Como axuda, usaremos os contidos obtidos da páxina de Agrega, que están resumidos no seguinte documento PDF: "Tema Hardware.pdf", pero a materia básica deste apartado está resumida no seguinte PDF: "Arquitectura de computadores.pdf".

De seguido tedes a presentación realizada en Genial.ly por Paulo Varela, Jose Álvarez, Eider Espiña e Iván de la Fuente, durante este curso, sobre o contido: Arquitectura de ordenadores.

SISTEMAS OPERATIVOS

Defínese un sistema operativo (S.O.) como o software de sistema que permite ao ordenador o arranque, a xestión dos recursos e a comunicación usuario-dispositivos físicos (hardware).
Faremos un repaso ao software denominado Sistema Operativo, sen centrarnos exclusivamente no S.O. dos ordenadores, así veremos tamén o dos teléfonos móbiles e tabletas.
Estes apuntes foron elaborados a partir da excelente documentación da páxina de Agrega.
Como axuda, usaremos os contidos resumidos no seguinte documento PDF: "Tema: Sistemas Operativos.pdf", pero se recomenda a visita á páxina de Agrega.
Ademais podes descargar:

mércores, 4 de outubro de 2017

Unidade 2: Entornos de programación Textuais (TIC 2º Bach). Curso 2017-2018.


Despois de realizar a 1ª parte do curso de Sololearn sobre C++, co obxectivo de repasar a sintaxe da linguaxe de programación C++ e ver unha introdución á Programación Orientada a Obxectos (POO), imos a comezar a programar en 2 entornos de programación Textuais, que gardan moitas similitudes entre eles e co C++.

Imos a usar os IDE (Entorno de desenrolo integrado) de Processing e Arduino.

Os 2 IDE's son moi similares (baséanse en Wiring), pero Processing deriva de Java e Arduino de C++. Abre o seguinte pdf para ver unha pequena comparativa entre os 2: Arduino vs Processing.

Imos a seguir, en parte, o curso de Stepbyme sobre Processing, que trata tamén sobre a interacción con Arduino.

Se queres volver a visualizar os vídeos dos exemplos realizados na clase, os tes na Aula virtual, donde ademais teredes os arquivos necesarios para realizar os exercicios.

domingo, 1 de outubro de 2017

Tema 2: Tratamento de Imaxes con GIMP (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

Neste tema se abarca o contido relativo ao tratamento de imaxes dixitais. Onde se comentarán, entre outras cousas, as diferencias entre imaxes vectoriais e mapas de bits. Nos contidos prácticos, realizaremos tratamento dixital de imaxes en formato mapa de bits co programa Gimp.

O contido deste tema se basea nos apuntes sobre imaxes dixitais de Alfonso Lafuente, que podedes consultar no seu blogue: TECNOBABIL. Na seguinte ligazón tes un manual de Gimp 2.8 en liña.

Tamén podedes descargar o arquivo pdf cos contidos teóricos e prácticos nesta ligazón: PRÁCTICAS con GIMP.pdf.

Durante as prácticas, se fan referencia ás imaxes que podedes descargar tamén, premendo nesta outra ligazón alternativa ao seguinte arquivo comprimido (.rar):
Archivosparaalumnos(GIMP).rar.

De seguido tes un bo vídeo introdutorio a Gimp, realizado por frMoisesfr:

Exercicios extra:
Exercicio final: Realización do cartaz do II concurso de robótica do IES. Chano Piñeiro. Podes descargar as imaxes da mascota (robot Wall-e deseñado en 3D por Alfonso Alonso Suárez), xunto co exemplo do cartaz da 1ª edición: Imaxes cartaz.zip.

Os exercicios realizados deben ser enviados á aula virtual para a súa avaliación.

domingo, 17 de setembro de 2017

Tema 1: Evolución das TIC (TIC 4º ESO). Curso 20117-2018.


O Termo TIC agrupa aos dispositivos, aparellos, métodos electrónicos e aplicacións que axudan a que a sociedade se comunique ou acceda aos datos que requiren para as súas actividades diarias. Estas inclúen radio, televisión, móbiles, ordenadores, táblets dixitais, infraestrutura de redes e sistemas de satélites, por exemplo.

No seguinte vídeo se comenta brevemente que son as TIC:

Con todo, o alcance deste termo é moito maior, pois tamén comprende ao software, as aplicacións e os servizos que están asociados con todos eses equipos, como as videoconferencias, as ferramentas de mensaxería instantánea, os videoxogos ou as plataformas de aprendizaxe virtual, por exemplo.

A grandes liñas, son todas as tecnoloxías que permiten acceder, producir, gardar, presentar e transferir información.

Coa chegada de Internet, as TIC viron un avance sen precedentes na historia, ao momento de permitir o intercambio de datos e información de forma rápida e en todas as partes do planeta.

Para analizar a evolución das TIC, realmente temos que fixarnos na evolución da microelectrónica, da informática e dos medios de telecomunicación.

Exercicio 1: Crea un blogue persoal de aula, e seguindo as indicacións do profesor, realiza unha 1ª entrada sobre a evolución das TIC. Envía a ligazón da entrada do teu blogue ao foro do 1º tema na aula virtual da materia.

O seguinte vídeo ilustra a evolución das TIC:

Exercicio 2: Accede á Wiki da materia de TIC, WikiTIC, seguindo as indicacións do profesor, colabora na realización da 1ª entrada da Wiki de TIC de 4º de ESO: Evolución das TIC.

Material extra: