luns, 22 de maio de 2017

Unidade 7: Introdución a AppInventor (TIC 4º ESO)

Neste tema, realizaremos unha introdución á linguaxe de programación de dispositivos Android elaborada polo MIT: AppInventor2 (baseada en Scratch).

Preme na ligazón á páxina de AppInventor2 para entrar na IDE Web do programa e comezar a programar o teu dispositivo móbil.

Preme na seguinte ligazón para acceder a un pequeno titorial de introdución a AppInventor. Neste titorial se explican as necesidades de configuración do dispositivo móbil e as indicacións para realizar o noso primeiro programa: látego. Podes descargar os arquivos de imaxe e son, necesarios para este primeiro programa, premendo na seguinte ligazón: látego.zip.

Tamén podedes acceder ao seguinte pdf creado polo MIT, no que aparecen resumidos os conceptos básicos sobre AppInventor: AI2_ConceptCard.pdf.

O noso seguinte programa será: Esmaga a Android.pdf. Preme na seguinte ligazón para descargar os arquivos de imaxe e son necesarios: Esmaga a Android.zip.

Ningún comentario:

Publicar un comentario