martes, 25 de abril de 2017

Tema 3: Redes.


Unha rede de comunicación de datos ou rede informática, é un conxunto de equipos informáticos e software conectados entre si por medio de dispositivos físicos que envían e reciben impulsos eléctricos, ondas electromagnéticas ou calquera outro medio para o transporte de datos, coa finalidade de compartir información, recursos e ofrecer servizos.

Os contidos teóricos deste tema se recollen no documento: Redes.pdf.

No seguinte PDF tedes un esquema detallado do modelo OSI: Niveis OSI. pdf.

Na canle de YouTube de Luís Pérez podedes ver ata 24 vídeos, moi recomendables, sobre redes locais, preme na seguinte ligazón para acceder ao 1º Vídeo da canle: Hardware.

Unha ferramenta moi útil para a análise e simulación de redes é o programa Cisco Packet Tracer, que se pode descargar gratuitamente de internet.

Na canle de YouTube de Cisco Students tedes 3 tutoriais, en Inglés, sobre o uso do programa Packet Tracer, preme na seguinte ligazón para acceder ao 1º tutorial: Packet Tracer Tutorial #1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario