martes, 25 de abril de 2017

Tema 3: Redes.


Unha rede de comunicación de datos ou rede informática, é un conxunto de equipos informáticos e software conectados entre si por medio de dispositivos físicos que envían e reciben impulsos eléctricos, ondas electromagnéticas ou calquera outro medio para o transporte de datos, coa finalidade de compartir información, recursos e ofrecer servizos.

Os contidos teóricos deste tema se recollen no documento: Redes.pdf.

No seguinte PDF tedes un esquema detallado do modelo OSI: Niveis OSI. pdf.

Na canle de YouTube de Luís Pérez podedes ver ata 24 vídeos, moi recomendables, sobre redes locais, preme na seguinte ligazón para acceder ao 1º Vídeo da canle: Hardware.

Unha ferramenta moi útil para a análise e simulación de redes é o programa Cisco Packet Tracer, que se pode descargar gratuitamente de internet.

Na canle de YouTube de Cisco Students tedes 3 tutoriais, en Inglés, sobre o uso do programa Packet Tracer, preme na seguinte ligazón para acceder ao 1º tutorial: Packet Tracer Tutorial #1.

luns, 24 de abril de 2017

Unidade 6. Tratamento dixital de vídeo con Windows Movie Maker (Windows) e Openshot (Linux).


Nesta unidade imos a traballar os contidos de tratamento dixital de vídeo. Existen multitude de ferramentas de edición de vídeo (sen entrar no mundo profesional):

  • Para windows: Windows Movie Maker, Camtasia ou Virtualdub.
  • Para Linux: Openshot ou Avidemux.

Ademais temos moitas opcións de edición de vídeo en liña (entre outras o editor de vídeo de Youtube).

O contido teórico podes descargalo premendo na seguinte ligazón: Video dixital.pdf.

Para a parte práctica deste curso utilizaremos os apuntes de Pedro J. Moll Monreal do IES. La Melva, que se centran no uso de Openshot, aínda que na nosa aula de informática (dotada con ordenadores co S.O. Windows) teremos que usar o Windows Movie Maker. Tratamento de vídeo dixital con Openshot.pdf.

Na seguinte ligazón podedes acceder a unha presentación en Slideshare sobre a edición de vídeo con Windows Live Movie Maker.