martes, 21 de febreiro de 2017

Unidade 5: Tratamento de audio dixital con Audacity (TIC 4º ESO).


Nesta unidade imos a traballar os contidos de tratamento dixital do son. Usaremos, sobre todo, a aplicación "libre" Audacity e, para a realización dalgunha das prácticas, usaremos apps de Android como Soundcloud (ligazón á Webapp) ou similares.

No seguinte pdf, poderás acceder a unha introdución teórica ao audio dixital: "Audio dixital.pdf"

Os contidos prácticos desta unidade, se basearán, en parte, nos estupendos exercicios sobre Audacity do IES. María de Molina, se premes na seguinte ligazón, poderás descargar o pdf cos exercicios: "Exercicios de Audacity.pdf".

Aínda que realizaremos trocos nos exercicios propostos, necesitarás algún dos arquivos de audio que se solicitan no pdf anterior, se premes na seguinte ligazón, poderás descargar o arquivo comprimido en ".zip": "Arquivos para exercicios Audacity.zip".

Podes consultar a axuda en liña de Audacity, premendo na seguinte ligazón: Manual de Audacity.

luns, 6 de febreiro de 2017

Unidade 3: Creación e edición de páxinas Web (TIC 2º Bach).

Nesta unidade coñeceremos as características principais das diversas linguaxes de marcaxe (HTML, XML, XHTML) utilizadas na elaboración de páxinas web, "Linguaxes de marcaxe.pdf", así como das follas de estilo en cascada (CSS), utilizadas para darlles o formato de presentación elixido por nós.

Tamén faremos un repaso das ferramentas de xestión de contidos (Content Management, CM), "Ferramentas de xestión de contido.pdf", con exemplos concretos dos seus elementos:
  • Servidor Web: Apache.
  • Linguaxe de programación: PHP.
  • Servidor de base de datos: MySQL.
Durante esta unidade realizaremos unha pequena parte de 2 cursos en liña de Sololearn: HTML Fndamentals e CSS Fundamentals.

E tamén seguiremos, en parte, o curso en liña de Stembyme: HTML5+CSS.

Podedes acceder tamén a un arquivo PDF no que se resumen os conceptos fundamentais tratados no curso de HTML5 de Sololearn:  HTML5.pdf

Na páxina w3schools.com podedes atopar unha amplia guía de referencia das etiquetas HTML e de CSS.

Para a realización das prácticas de creación de páxinas Web se pode usar calquera editor de texto "plano" (como o Bloc de notas de Windows). Para os nosos ordenadores co S.O. Debian, descargaremos o editor multiplataforma Notepad++ e Geeny.