domingo, 8 de xaneiro de 2017

Tema 3: Introdución á Programación (TIC 1º Bach)


Neste tema comezamos unha introdución á programación, como unha preparación de cara ao contido de Programación do temario de TIC de 2º Bach, na que se utilizarán diversos entornos ou IDE's de programación.

Depois de explicar en que consiste a programación, coñeceremos 2 ferramentas de deseño de algoritmos, os diagramas de fluxo e o pseudocódigo. E faremos as nosas prácticas de programación co aplicativo Pseint (multiplataforma), que permite obter tanto diagramas de fluxo e pseudocódigo como código fonte en diversas linguaxes de programación.

Para descargar os contidos deste tema preme nas ligazóns aos seguintes documentos PDF: