domingo, 24 de decembro de 2017

Tema 3: Creación e edición de páxinas Web (TIC 2º Bach). Curso 2017-2018.

Nesta unidade coñeceremos as características principais das diversas linguaxes de marcaxe (HTML, XML, XHTML) utilizadas na elaboración de páxinas web, "Linguaxes de marcaxe.pdf", así como das follas de estilo en cascada (CSS), utilizadas para darlles o formato de presentación elixido por nós.

Tamén faremos un repaso das ferramentas de xestión de contidos (Content Management, CM), "Ferramentas de xestión de contido.pdf", con exemplos concretos dos seus elementos:
  • Servidor Web: Apache.
  • Linguaxe de programación: PHP.
  • Servidor de base de datos: MySQL.
Durante esta unidade realizaremos unha pequena parte de 2 cursos en liña de Sololearn: HTML Fndamentals e CSS Fundamentals.

E tamén seguiremos, en parte, o curso en liña de Stembyme: HTML5+CSS.

Podedes acceder tamén a un arquivo PDF no que se resumen os conceptos fundamentais tratados no curso de HTML5 de Sololearn:  HTML5.pdf

Na páxina w3schools.com podedes atopar unha amplia guía de referencia das etiquetas HTML e de CSS.

Para a realización das prácticas de creación de páxinas Web se pode usar calquera editor de texto "plano" (como o Bloc de notas de Windows). Para os nosos ordenadores co S.O. Debian, usaremos o editor Geany.

Tema 3: Sistemas Operativos (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

 

O terceiro tema deste curso trata sobre os sistemas operativos dos ordenadores, tablets e teléfonos móbiles.
Se premes na seguinte ligazón poderás acceder ao pdf co contido deste tema, así como aos exercicios a realizar na aula de informática: Sistemas operativos.pdf.

Para a realización dos exercicios necesitarás acceder á seguinte información e ligazóns:


venres, 24 de novembro de 2017

Selección dos mellores traballos en Gimp. (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

Nesta entrada quedan expostos os mellores traballos entregados durante a realización do tema de Tratamento de Imaxes con Gimp, realizados durante o Curso 2017-2018 no curso de TIC de 4º de ESO.

Aplicación de filtro á unha parte da fotografía:
foto orixinal
Traballo de Alfonso Alonso
Creación dun logo sobre fondo:
Traballo de Sebastián Álvarez
Efecto marco sobre unha foto de New York:
Foto orixinal
Traballo Zaida García
Efecto Cómic sobre unha foto de praia:
Foto orixinal
Traballo Sergio Barbeitos

luns, 30 de outubro de 2017

Tema 2: Arquitectura de computadores (TIC 1º Bach). Curso 2017-2018.

HARDWARE

Definición: Conxunto de compoñentes e elementos que integran a parte material dun ordenador ou outro dispositivo electrónico “intelixente”.
Imos a centrarnos no estudio do hardware dos ordenadores por ser estes os dispositivos electrónicos máis importantes na actualidade e por que comparten moitas características con dispositivos máis recentes (tablets, teléfonos “intelixentes”, etc).
Na seguinte ligazón podes acceder á excelente páxina de Agrega definición de computador.
Como axuda, usaremos os contidos obtidos da páxina de Agrega, que están resumidos no seguinte documento PDF: "Tema Hardware.pdf", pero a materia básica deste apartado está resumida no seguinte PDF: "Arquitectura de computadores.pdf".

De seguido tedes a presentación realizada en Genial.ly por Paulo Varela, Jose Álvarez, Eider Espiña e Iván de la Fuente, durante este curso, sobre o contido: Arquitectura de ordenadores.

SISTEMAS OPERATIVOS

Defínese un sistema operativo (S.O.) como o software de sistema que permite ao ordenador o arranque, a xestión dos recursos e a comunicación usuario-dispositivos físicos (hardware).
Faremos un repaso ao software denominado Sistema Operativo, sen centrarnos exclusivamente no S.O. dos ordenadores, así veremos tamén o dos teléfonos móbiles e tabletas.
Estes apuntes foron elaborados a partir da excelente documentación da páxina de Agrega.
Como axuda, usaremos os contidos resumidos no seguinte documento PDF: "Tema: Sistemas Operativos.pdf", pero se recomenda a visita á páxina de Agrega.
Ademais podes descargar:

mércores, 4 de outubro de 2017

Unidade 2: Entornos de programación Textuais (TIC 2º Bach). Curso 2017-2018.


Despois de realizar a 1ª parte do curso de Sololearn sobre C++, co obxectivo de repasar a sintaxe da linguaxe de programación C++ e ver unha introdución á Programación Orientada a Obxectos (POO), imos a comezar a programar en 2 entornos de programación Textuais, que gardan moitas similitudes entre eles e co C++.

Imos a usar os IDE (Entorno de desenrolo integrado) de Processing e Arduino.

Os 2 IDE's son moi similares (baséanse en Wiring), pero Processing deriva de Java e Arduino de C++. Abre o seguinte pdf para ver unha pequena comparativa entre os 2: Arduino vs Processing.

Imos a seguir, en parte, o curso de Stepbyme sobre Processing, que trata tamén sobre a interacción con Arduino.

Se queres volver a visualizar os vídeos dos exemplos realizados na clase, os tes na Aula virtual, donde ademais teredes os arquivos necesarios para realizar os exercicios.

domingo, 1 de outubro de 2017

Tema 2: Tratamento de Imaxes con GIMP (TIC 4º ESO). Curso 2017-2018.

Neste tema se abarca o contido relativo ao tratamento de imaxes dixitais. Onde se comentarán, entre outras cousas, as diferencias entre imaxes vectoriais e mapas de bits. Nos contidos prácticos, realizaremos tratamento dixital de imaxes en formato mapa de bits co programa Gimp.

O contido deste tema se basea nos apuntes sobre imaxes dixitais de Alfonso Lafuente, que podedes consultar no seu blogue: TECNOBABIL. Na seguinte ligazón tes un manual de Gimp 2.8 en liña.

Tamén podedes descargar o arquivo pdf cos contidos teóricos e prácticos nesta ligazón: PRÁCTICAS con GIMP.pdf.

Durante as prácticas, se fan referencia ás imaxes que podedes descargar tamén, premendo nesta outra ligazón alternativa ao seguinte arquivo comprimido (.rar):
Archivosparaalumnos(GIMP).rar.

De seguido tes un bo vídeo introdutorio a Gimp, realizado por frMoisesfr:

Exercicios extra:
Exercicio final: Realización do cartaz do II concurso de robótica do IES. Chano Piñeiro. Podes descargar as imaxes da mascota (robot Wall-e deseñado en 3D por Alfonso Alonso Suárez), xunto co exemplo do cartaz da 1ª edición: Imaxes cartaz.zip.

Os exercicios realizados deben ser enviados á aula virtual para a súa avaliación.

domingo, 17 de setembro de 2017

Tema 1: Evolución das TIC (TIC 4º ESO). Curso 20117-2018.


O Termo TIC agrupa aos dispositivos, aparellos, métodos electrónicos e aplicacións que axudan a que a sociedade se comunique ou acceda aos datos que requiren para as súas actividades diarias. Estas inclúen radio, televisión, móbiles, ordenadores, táblets dixitais, infraestrutura de redes e sistemas de satélites, por exemplo.

No seguinte vídeo se comenta brevemente que son as TIC:

Con todo, o alcance deste termo é moito maior, pois tamén comprende ao software, as aplicacións e os servizos que están asociados con todos eses equipos, como as videoconferencias, as ferramentas de mensaxería instantánea, os videoxogos ou as plataformas de aprendizaxe virtual, por exemplo.

A grandes liñas, son todas as tecnoloxías que permiten acceder, producir, gardar, presentar e transferir información.

Coa chegada de Internet, as TIC viron un avance sen precedentes na historia, ao momento de permitir o intercambio de datos e información de forma rápida e en todas as partes do planeta.

Para analizar a evolución das TIC, realmente temos que fixarnos na evolución da microelectrónica, da informática e dos medios de telecomunicación.

Exercicio 1: Crea un blogue persoal de aula, e seguindo as indicacións do profesor, realiza unha 1ª entrada sobre a evolución das TIC. Envía a ligazón da entrada do teu blogue ao foro do 1º tema na aula virtual da materia.

O seguinte vídeo ilustra a evolución das TIC:

Exercicio 2: Accede á Wiki da materia de TIC, WikiTIC, seguindo as indicacións do profesor, colabora na realización da 1ª entrada da Wiki de TIC de 4º de ESO: Evolución das TIC.

Material extra:  

Tema 1: Da Programación Estruturada á Programación Orientada a Obxectos (TIC 2º Bach). Curso 17-18.


Durante este curso imos a introducirnos no mundo da programación.


No seguinte vídeo se comentan as 10 linguaxes de programación máis usadas actualmente: 


Ao final do curso anterior vimos na introdución á programación os fundamentos da programación estruturada.
Coa aparición dos sistemas operativos gráficos, moitas linguaxes de programación se adaptaron introducindo a programación orientada a obxectos (podes ver as diversas ventás que mostra o teu sistema operativo como obxectos).

Por isto, imos a comezar comentando que é a programación orientada a obxectos (POO): "Da programación estruturada á POO.pdf".


Podes ver o seguinte vídeo sobre as diferencias entre Programación estruturada e POO:

Tes varios exemplos e ligazóns a vídeos que explican a POO na seguinte ligazón: "Exemplos POO.pdf".

Ademais usaremos como primeira linguaxe de programación deste curso C++ (pois é unha linguaxe baseada na programación estruturada que permite a programación orientada a obxectos).

Imos a utilizar un recurso en liña, a páxina de Sololearn, para realizar un curso en liña de programación en C++.

De seguido tes os resumos dos conceptos tratados no curso de C++ de Sololearn:
Unha vez rematada esta introdución á linguaxe C++, pasaremos a programar con linguaxes de programación:
  • Textuais (Processing e Arduino)
  • Gráficas (se basean na programación por bloques gráficos).

Pero iso o veremos no seguinte tema.

sábado, 16 de setembro de 2017

Tema 1: A Sociedade da información (TIC 1º Bach). Curso 17-18.

Nesta 1ª unidade da materia de TIC de 1º de Bacharelato, comezaremos cun repaso ao concepto de TIC e á importancia das novas tecnoloxías na sociedade da información.
Se premes na ligazón: "A sociedade da información.pdf" poderás acceder ao contido deste apartado. Neste arquivo PDF faise referencia a diverso material que necesitarás para completar os teus coñecementos sobre este tema e realizar os exercicios que se propoñen, a ligazón a estes arquivos é:
Contidos Extra:

martes, 12 de setembro de 2017

Presentación da materia: TIC 2º Bacharelato. Curso 2017-2018.



Contidos principais da materia de TIC de 2º de Bacharelato.

A materia se divide en 3 unidades temáticas:
  • Unidade 1: Programación estruturada e orientada a obxectos.
  • Unidade 2: Deseño e edición de páxinas web.
  • Unidade 3: Seguridade informática.
Se avaliarán os traballos individuais e colectivos: Exercicios, caderno de clase e exames.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
  • Un 40% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos, probas escritas e orais, presentacións temáticas; valorando a calidade, capacidade de análise e síntese dos traballos teóricos presentados, etc.
  • Un 50% da nota deberase á avaliación dos traballos prácticos individuais e en grupo, manexo de dispositivos TIC e ferramentas, calidade dos traballos presentados, entrega nos prazos indicados, etc.
  • Un 10% da nota corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula, curiosidade pola materia, creatividade e investigación persoal, etc.

Presentación da materia: TIC 1º Bacharelato. Curso 2017-2018.



Contidos principais da materia de TIC de 1º Bach.

Unidade 1: Sociedade da Información e Arquitectura de computadores.
  • Tema 1: Sociedade da información.
  • Tema 2: Arquitectura de computadores.
Unidade 2: Introdución á programación.
  • Tema 3: Introdución á programación con Pseint
Unidade 3: Redes e Deseño e impresión 3D.
  • Tema 4: Redes de computadores.
  • Tema 5: Deseño e Impresión 3D con FreeCAD.

Se avaliarán os traballos individuais e colectivos: Exercicios, caderno de clase e exames.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
  • Un 40% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos, probas escritas e orais, presentacións temáticas; valorando a calidade, capacidade de análise e síntese dos traballos teóricos presentados, etc.
  • Un 50% da nota deberase á avaliación dos traballos prácticos individuais e en grupo, manexo de dispositivos TIC e ferramentas, calidade dos traballos presentados, entrega nos prazos indicados, etc.
  • Un 10% da nota corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula, curiosidade pola materia, creatividade e investigación persoal, etc.

luns, 11 de setembro de 2017

Presentación da materia de TIC de 4º de ESO. Curso 2017-2018.



A secuenciación da materia, será:

1ª Avaliación: Unidade 1: As TIC e os S.O.
  • Tema 1: Evolución das TIC.
  • Tema 2: Sistemas operativos.
2ª Avaliación: Unidade 2: Tratamento de Imaxe e Audio.
  • Tema 3: Tratamento de Imaxes con Gimp.
  • Tema 4: Tratamento de Audio con Audacity.
3ª Avaliación: Unidade 3: Tratamento de Vídeo e Programación de dispositivos Android.
  • Tema 5: Tratamento de Vídeo con OpenShot.
  • Tema 6: Introdución á programación de dispositivos Android con AppInventor2.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
A cualificación da materia efectuarase conforme á ponderación dos seguintes apartados:
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos.
  • Un 60% da nota deberase á avaliación dos traballos obrigatorios, individuais e en grupo.
  • Un 10 % corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Benvida ao novo Curso 2017-2018


Benvidos ao blogue de aula, da materia de TIC de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, do IES. Chano Piñeiro.
Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso. Ademais podedes ver as entradas nas que se recollen os exercicios realizados en cursos anteriores.

Estes e outros contidos estarán tamén accesibles nos respectivos cursos da aula virtual (Moodle) da materia de TIC do IES. "Chano Piñeiro".

De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.