domingo, 18 de setembro de 2016

Unidade 1: Evolución das TIC (TIC 4º ESO)


Como introdución a este tema imos a facer un repaso á Historia da Informática.
No seguinte vídeo da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Oviedo, faise un breve repaso (de 23 minutos) á Historia da Informática: Historia de la Informática.
De tódolos xeitos imos ás TIC se compoñen de 3 partes, onde a informática é só unha delas. As outras son as Telecomunicacións e os medios de comunicación de masas.

Exercicio 1: Crea un blogue persoal de aula, e seguindo as indicacións do profesor, colabora na realización dunha 1ª entrada sobre a evolución das TIC. Envía a ligazón da entrada do teu blogue ao foro do 1º tema na aula virtual da materia.

Exercicio 2: Accede á Wiki da materia de TIC, WikiTIC, seguindo as indicacións do profesor, colabora na realización da 1ª entrada da Wiki de TIC de 4º de ESO: Evolución das TIC ao longo da historia.

Para completar a información sobre este tema, podes acceder á seguinte ligazón á liña temporal sobre a Historia do Computador do Computer History Museum.

Tema 1: A Sociedade da información (TIC 1º Bach).

Nesta 1ª unidade da materia de TIC de 1º de Bacharelato, comezaremos cun repaso á importancia das novas tecnoloxías na sociedade da información.
Se premes na ligazón: "A sociedade da información.pdf" poderás acceder ao contido deste apartado.
En este arquivo PDF faise referencia a diverso material que necesitarás para completar os teus coñecementos sobre este tema, a ligazón a estes arquivos é:
Contidos Extra:
 

venres, 16 de setembro de 2016

Unidade 1: Da Programación Estruturada á Programación Orientada a Obxectos (TIC 2º Bach).


Durante este curso imos a introducirnos no mundo da programación.

Ao final do curso anterior vimos na introdución á programación os fundamentos da programación estruturada.

Coa aparición dos sistemas operativos gráficos, moitas linguaxes de programación se adaptaron introducindo a programación orientada a obxectos (podes ver as diversas ventás que mostra o teu sistema operativo como obxectos).

Por isto, imos a comezar comentando que é a programación orientada a obxectos (POO): "Da programación estruturada á POO.pdf".

Tes varios exemplos e ligazóns a vídeos que explican a POO na seguinte ligazón: "Exemplos POO.pdf".
Ademais usaremos como primeira linguaxe de programación deste curso C++ (pois é unha linguaxe baseada tanto na programación estruturada como na programación orientada a obxectos). Imos a utilizar un recurso en liña, a páxina de Sololearn, para realizar un curso en liña de programación en C++.

De seguido tes os resumos dos conceptos tratados no curso de C++ de Sololearn:
Unha vez rematada esta introdución á linguaxe C++, pasaremos a programar con linguaxes de programación:
  • Textuais (Processing e Arduiono)
  • Gráficas (se basean na programación por bloques gráficos).

Pero iso o veremos no seguinte tema.

xoves, 15 de setembro de 2016

Presentación da materia: TIC 2º Bacharelato.




Contidos da materia de TIC de 2º de Bacharelato.

A materia se divide en 3 unidades temáticas:

  • Unidade 1: Programación estruturada e orientada a obxectos.
  • Unidade 2: Programación textual: Processing e Arduino.
  • Unidade 3: Deseño e edición de páxinas web.
  • Unidade 4: Seguridade informática.

Se avaliarán os traballos individuais e colectivos: Exercicios, caderno de clase e exames.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
  • Un 40% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos, probas escritas e orais, presentacións temáticas; valorando a calidade, capacidade de análise e síntese dos traballos teóricos presentados, etc.
  • Un 50% da nota deberase á avaliación dos traballos prácticos individuais e en grupo, manexo de dispositivos TIC e ferramentas, calidade dos traballos presentados, entrega nos prazos indicados, etc.
  • Un 10% da nota corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula, curiosidade pola materia, creatividade e investigación persoal, etc.

Presentación da materia de TIC de 4º de ESO

Contidos principais da materia de TIC de 4º ESO.




Propóñense 6 unidades didácticas a desenvolver durante o curso, a súa secuenciación temporal será a seguinte:

1ª Avaliación:
  • Unidade 1: Evolución das TIC.
  • Unidade 2: Sistemas operativos. 
  • Unidade 3: Redes e seguridade informática.
2ª Avaliación: 
  • Unidade 4: Tratamento de Imaxe.
  • Unidade 5: Tratamento de Audio.
3ª Avaliación: 
  • Unidade 6: Tratamento de Vídeo.


CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
 
A cualificación da materia efectuarase conforme á ponderación dos seguintes apartados:

  • Un 30% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos.
  • Un 60% da nota deberase á avaliación dos traballos obrigatorios, individuais e en grupo.
  • Un 10% corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula de informática.

mércores, 14 de setembro de 2016

Presentación da materia: TIC 1º Bacharelato.

 

Contidos principais da materia de TIC de 1º Bach.


A materia se divide en 5 unidades temáticas:

  • Unidade 1: Sociedade da información.
  • Unidade 2: Arquitectura de computadores.
  • Unidade 3: Redes de computadores.
  • Unidade 4: Software para sistemas informáticos.
  • Unidade 5: Iniciación á Programación.

Se avaliarán os traballos individuais e colectivos: Exercicios, caderno de clase, traballos e exames.
  
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

  • Un 40% da nota obterase dos exercicios e controis teóricos, probas escritas e orais, presentacións temáticas; valorando a calidade, capacidade de análise e síntese dos traballos teóricos presentados, etc.
  • Un 50% da nota deberase á avaliación dos traballos prácticos individuais e en grupo, manexo de dispositivos TIC e ferramentas, calidade dos traballos presentados, entrega nos prazos indicados, etc.
  • Un 10% da nota corresponderá á avaliación do correcto comportamento e responsabilidade na aula, curiosidade pola materia, creatividade e investigación persoal, etc.