domingo, 27 de setembro de 2015

Exercicio: Creación de liñas temporais.

Existen varias opcións para a creación de liñas temporais desde Web. A elección da máis adecuada depende dos efectos que queiramos lograr, do tempo do que dispoñamos para facelas e, se estamos dispostos a pagar, se nos interesa crearnos unha conta premium ou nos bastará coa conta estándar.

Entre as opcións que podemos usar están:
  • Timeline: A creación de liñas temporais é sinxela pero só podemos obter o resultado en formato pdf.
  • Capzles: Unha versión mellor que a anterior, de fácil uso (se poden subir tódalas imaxes da liña temporal todas xuntas) que permite máis opcións de presentación, aínda que esta non é moi boa.
  • Tiki-Toki: A creación da liña é algo máis lenta e tediosa, pero cuns resultados mellores, por desgracia fai falta unha conta premium para poder usar tódalas opcións de presentación.

venres, 18 de setembro de 2015

Premiados no concurso "Inventa en Galego" organizado por Igaciencia.

Momento da entrega de premios

O pasado venres 12 de decembro celebrouse a entrega de premios do concurso "Inventa en Galego" organizado por Igaciencia no Centro Sociocultural Ágora do Concello da Coruña.


Os 2 traballos presentados polos alumnos de 1º de Bacharelato do IES. "Chano Piñeiro" foron:
  • Rural App, feito por:  Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño.
  • Forcarei Tour, feito por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Ambos recibiron o 2º premio "ex aequo", como se recolle na páxina de Igaciencia: Gañadores do concurso Inventa en Galego.
Presentación de Gabriel Otero e Claudio Troitiño
Presentación de Gabriel Sieiro e Daniel Varela


Concurso: "Inventa en galego" de Igaciencia. 2014.


Os alumnos de 1º de Bacharelato da materia de TIC, presentáronse ao Concurso de Igaciencia: Inventa en Galego no 2º semestre de 2014 (rematou o prazo de presentación o 9 de novembro).
Os traballos elaborados polos alumnos do IES. Chano Piñeiro foron:
RuralApp: App que mostra información sobre as casas de Turismo rural do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Otero e Claudio J. Troitiño


Pantalla Inicial

ForcareiTour: App que mostra información sobre os lugares de interese turístico do Concello de Forcarei. Elaborado por: Gabriel Sieiro e Daniel Varela.
Pantalla Inicial

O concurso consistía en elaborar unha App para Android usando o programa AppInventor2 elaborado polo MIT. A App debía facer uso, entre outros, dos sensores de localización do móbil ou tablet.

De seguido mostramos unha captura de pantalla dos bloques de programa utilizados nunha das pantallas da aplicación Rural App, como se pode observar están realizados nunha variante de Scratch:

xoves, 17 de setembro de 2015

Páxina de benvida

Ola, hoxe (xoves 17 de setembro) comezamos a parte práctica do curso 2015-1016 da materia de Informática do IES. Chano Piñeiro.
As vindeiras entradas estarán relacionadas cos exercicios plantexados na aula de informática ou contidos de interese para a materia.